Coñece o Mercado de Primavera

A primeiras referencias a un mercado en Ferreira de  Valadouro datan do século XVII tal como aparece anotadas  nun  arquivo de 1615 que adxuntamos na documentación histórica. Describe visitas en 1615 do Bispo Messia de Tovar na que se indica o procedemento de vender gando, a puxa e as festas a celebrar.

No Libro de Fábrica da parroquia de Budián e Alaxe, hai  un arquivo do 1733 do cal aportamos copia que supón unha aportación do párroco Don Ángel Castañón y Ayala ao pleito que se realizaba para pechar o mercado en Valadouro. Nel queda reflectido que os nobres do pobo e o párroco sostiñan que de maneira tradicional e moito tempo antes existen mercados de gran importancia, os sábados e os martes de Pascua e de Pentecostés, os días da Virxe: día da Purificación, 2 de febreiro, día da Anunciación, 25 de marzo, día de Asunción, 15 de agosto, día de Natividad, 8 de setembro, día de Concepción, 8 de decembro.

Xa se observaba a importancia da celebración do 25 de marzo. Nos Libros de Feiras e Mercados do Concello do Valadouro consignase a reducción de datas a os sábados, o 2 de febreiro, 25 de marzo e 8 de setembro. Por error de transcripción, os dous martes de feira de Pascua e Pentecostes quedan reflectidos e reducidos a un único mercado, transcrito como martes de Pascua e Pentecostes.
Durante os séculos XVIII e XIX sigue desenvolvéndose sen interrupción o mercado semanal do sábado e o anual fixado en tres datas de especial significación , 2 de febreiro, 25 de marzo e 8 de setembro, sendo o celebrado o 25 o mercado de primavera do cal o Concello aumiu a súa organización a partir do ano 2007

A importancia deste mercado é capital para entender a concepción da vila de Ferreira e o seu desenvolvemento ata que a finais do século XIX é favorecida pola concesión de título de vila.
o mercado vai xerminando ao lado dun itinerario no que transitaba a carretera de Mondoñedo a Viveiro, ademais da existencia previa dunha casa hospital como dispensario de comerciantes e mercaderes que facían a ruta norte xunto ocasionais peregrinos. A contrucción dunha antiga hermida de advocación mariana é un elemento esencial para construir este mercado e a vila de Ferreira. Os grandes mercados anuais celébranse ao abeiro de festividades relixiosas nas que o antigo templo é centro de de romarías na honra da Virxe.
O mercado debe a súa expansión económica a uns factores relacionados coa economía do val; gandería, lenzos, chégase a falar na Corte dos “lienzos del Valle de Oro” que eran exportados a Castela e o comercio cerealero.
Atopámonos con un mercado promovida polo pobo, sen facultade real, onde por costume os vecinos basean nos miragres e devoción atribuída a Nosa Señora de Ferreira.
A transición dun mercado temporal a un permanente, o estabelecemento no pobo de comerciantes procedente de Castela e da magaratería, xunto con chegada de inmigrantes procedentes de Cuba, vai modificando a paisaxe urbano de Ferreira, construíndo casas, edificios, tendas, bancos, etc.
Ese desenvolvemento de Ferreira ao redor deste mercado fundacional ve recoñecido a súa importancia coa concesión de título de villa o 27 de xaneiro de 1894 “Queriendo dar prueba de mi real aprecio al pueblo de Ferreira de Valle de Oro, provincia de Lugo, por el desarrollo de su industria, comercio e aumento da poboación”

A personalidade de Ferreira,a súa fisonomía vilega entre os séculos XIX e XX, sempre vai paralela ao mercado que daba o seu máximo esplendor no Mercado de Primavera. Seguramente causas socioeconómicas fixo que a mediados do século XX se prescindirá do mercado anual, quedando o semanal como a tradición máis constante ata nosos días.
No 2007 a Asociación Cultural Deportiva do Valadouro colaborando co concello coa Consellería do Medio Rural e Hostelería de Ferreira abordan a recuperación do Mercado no que se convirte nunha oportunidade histórica que aínda non se sospeitaba. Fanse conferencias e exhibicións de productos relacionados coa agricultura e gandería e ten un perfil máis sectorial aínda que xa se introduce a xa lendaria Ruta de Tapas, una costume que sempre funcionou moi ben ao existir na vila un circuito de bares e tabernas no casco vello en proporción moi superior a poboación do concello.
Igual que todos os pobos, concellos ou lugares, en maior ou menor medida procuraron un selo de orixinalidade e autenticidade baseado en lendas, feitos históricos, bens materiais ou inmateriais cun sustrato patrimonial ou etnográfico, Valadouro camiñaba indefinido, con varias datas soltas con raigame como o Mercado da Mel ou a Rapa das Bestas que ou tiñan pouca duración ou una temática menos transversal do que sería despois O Mercado de Primavera.

Valadouro buscábase a si mesmo sen atopar esa identidade ou singularidade que o definirá íntimamente. Os mozos deronse conta de xeito intuitivo desa ausenciae desde as primeiras edicións cada vez en máis número, sentiron como a vida, a festa, o mercado era parte do seu pasado e rebuscaron caiados, boinas e sobre todo zocas. A recuperación institucional que asumiu o concello, non sería o mesmo se este compoñente humano do pasado e tradición popular. Os mozos dotaron de contido  esta celebración porque se deron conta, sen ninguna indicación da xestión oficial que era o seu momento, a oportunidade histórica, a esencia do Valadouro, a vila sedimentada ao redor do mercado, sábado a sábado, ano e ano ó abeiro deses grandes mercados vividos anualmente. Así se contruiu esta fonda singularidade, O concello segui xestionando ese espirito popular nacido no pobo na mocidade, e a festa do mercado de primavera asomou como una homenaxe aos nosos devanceiros, a forma da súa vida, revivida de xeito máxico cada sábado próximo ao 25 de marzo, xa estendida a todas as capas sociais e as diferentes xeracións da sociedade da vila.
A orixinalidade, a posta en escena da xuventude, deu distintas ideas que se irían perfeccionando, como as olimpiadas rurais, o desfile de zocas, a exposición de fotografía antiga, o fotoenxebre, etc. Unha data esperada con agoiro que superou por calidade e cantidade a calquer outro día do calendario de festas do Valadouro. A xente espera con similar fervor a eses veciños que vian prosperar hai máis de cen anos o mercado;  encargan e personalizan as súas zocas, moitas verdadeiras obras de arte, elixen boinas, chapeus, panos e saias, dándolle un xiro creativo e moi especial a toda a enxebreza que se da cita no Valadouro. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario